Valores Éticos 3º ESO
- PROGRAMACIÓN VALORES ÉTICOS 3º ESO 1. OBXECTIVOS DA ÁREA DE VALORES ÉTICOS 1. Argumentar os valores e os principios éticos da DUDH como base das democracias dos séculos XX e XXI. 2. Sinalar a importancia da participación cidadá nos aspectos políticos do Estado para asegurar unha democracia que defenda os dereitos humanos. 3. Resaltar o deber ético e cívico dos cidadáns para asumir a democracia como unha forma de vida, sendo conscientes dos riscos aos que está sometida para poder tomar as medidas oportunas. 4. Apreciar o valor do «Estado de dereito» e da «división de poderes» como eixes vertebradores do Estado democrático. 5. Recoñecer e respectar os fundamentos da Constitución española de 1978, resaltando os valores nos que se asenta e os deberes e os dereitos que ten o individuo para asumir os principios de convivencia recoñecidos polo Estado español. 6. Realizar unha lectura comprensiva dalgúns artigos da Constitución española relativos aos dereitos e aos deberes cidadáns e aos seus principios reitores. 7. Valorar a adecuación dos dereitos e dos deberes da Constitución española á Declaración Universal dos Dereitos Humanos para asumir de forma consciente e responsable os principios de convivencia que deben rexer no Estado español. 8. Identificar os principios fundamentais da política social e económica do Estado español, e a súa fundamentación ética. 9. Comprender os aspectos principais da UE para valorar a súa utilidade e as cousas que se están a conseguir. 10. Describir as consecuencias derivadas da xustificación das normas xurídicas, a través da reflexión sobre diversas teorías, para poder opinar de forma razoada sobre a base éticas das leis. 11. Estudar as teorías do dereito natural ou iusnaturalismo e o convencionalismo, sinalando a súa interpretación no pensamento xurídico dalgúns filósofos. 12. Adquirir unha opinión coherente sobre a fundamentación ética das leis a través da comprensión da teoría positivista do dereito de Kelsen, así como da súa comparación co convencionalismo e o iusnaturalismo. 13. Coñecer como se creou a ONU e o momento histórico que impulsou a elaboración da DUDH, destacando o seu valor como fundamento ético universal da lexitimidade do dereito e dos Estados. 14. Entender o contexto histórico e político no que se elaborou a DUDH e recoñecer tanto a súa estrutura e o seu contido como os retos actuais que supoñen a súa aplicación. 15. Entender e valorar o contido da DUDH, facendo especial fincapé no respecto á dignidade humana como base de todos os dereitos humanos. 16. Valorar as características dos «dereitos humanos», considerando o seu desenvolvemento histórico como unha conquista da humanidade. 17. Analizar os problemas aos que se enfronta a aplicación da DUDH na actualidade, resaltando as iniciativas que realizan institucións e ONG para defender os dereitos humanos dos que non teñen a oportunidade de exercelos. 18. Coñecer o panorama actual respecto ao exercicio dos dereitos da muller e da infancia en gran parte do mundo, coñecendo as causas da situación e tomando conciencia delas, co fin de promover a súa solución. 17. Utilizar os valores éticos da DUDH como criterio para establecer límites éticos e xurídicos á actividade científica e tecnolóxica, evitando así unha aplicación indebida e facilitando a resolución dos dilemas morais que adoitan presentarse nos campos da medicina e da biotecnoloxía. 18. Tomar conciencia da falta de neutralidade de certas investigacións científicas actuais, cuxos obxectivos non respectan un código ético fundamentado na DUDH, en prol dun falso progreso e prexudicando as persoas ou o ambiente. 19. Identificar pautas e investigacións científicas que non respectan o código ético fundamentado na DUDH. 20. Coñecer que é a tecnociencia e avaliar o seu impacto negativo no ambiente. 21. Entender os problemas que a dependencia da tecnoloxía lle provoca ao ser humano. 2. DESCRITORES COMPETENCIAS CLAVE INDICADORES DESCRITORES Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Coidado do contorno ambiental e dos seres vivos - Interactuar co contorno natural de xeito respectuoso. - Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un desenvolvemento sostible. - Respectar e preservar a vida dos seres vivos do seu contorno. - Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no contorno natural e as repercusións para a vida futura. Vida saudable - Desenvolver e promover hábitos de vida saudable en canto á alimentación e ao exercicio físico. - Xerar criterios persoais sobre a visión social da estética do corpo humano fronte ao seu coidado saudable. A ciencia no día a día - Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá. - Aplicar métodos científicos rigorosos para mellorar a comprensión da realidade circundante en distintos ámbitos (biolóxico, xeolóxico, físico, químico, tecnolóxico, xeográfico...). - Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas, comprender o que acontece arredor nosa e responder preguntas. Manexo de elementos matemáticos - Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos: operacións, magnitudes, porcentaxes, proporcións, formas xeométricas, criterios de medición e codificación numérica, etc. - Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico. - Expresarse con propiedade na linguaxe matemática. Razoamento lóxico e resolución de problemas - Organizar a información utilizando procedementos matemáticos. - Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas. - Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá. Comunicación lingüística Comprensión: oral e escrita - Comprender o sentido dos textos escritos e orais. - Manter unha actitude favorable cara á lectura. Expresión: oral e escrita - Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia. - Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais. - Compoñer distintos tipos de textos creativamente con sentido literario. Normas de comunicación - Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra, escoita atenta ao interlocutor... - Manexar elementos de comunicación non verbal, ou en diferentes rexistros, nas diversas situacións comunicativas. Comunicación noutras linguas - Entender o contexto sociocultural da lingua, así como a súa historia para un mellor uso desta. - Manter conversas noutras linguas sobre temas cotiáns en distintos contextos. - Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en calquera situación. - Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás ou en materias diversas. Competencia dixital Tecnoloxías da información - Empregar distintas fontes para a busca de información. - Seleccionar o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade. - Elaborar e publicitar información propia derivada de información obtida a través de medios tecnolóxicos. Comunicación audiovisual - Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións diversas. - Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación. Utilización de ferramentas dixitais - Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento. - Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida diaria. - Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías. Conciencia e expresións culturais Respecto polas manifestacións culturais propias e alleas - Mostrar respecto cara ao patrimonio cultural mundial nas súas distintas vertentes (artístico-literaria, etnográfica, científicotécnica...), e cara ás persoas que contribuíron ao seu desenvolvemento. - Valorar a interculturalidade como unha fonte de riqueza persoal e cultural. - Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico. Expresión cultural e artística - Expresar sentimentos e emocións mediante códigos artísticos. - Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián. - Elaborar traballos e presentacións con sentido estético. Competencias sociais e cívicas Educación cívica e constitucional - Coñecer as actividades humanas, adquirir unha idea da realidade histórica a partir de distintas fontes e identificar as implicacións que ten vivir nun Estado social e democrático de dereito referendado por unha constitución. - Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá no contexto da escola. Relación cos demais - Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e traballo e para a resolución de conflitos. - Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de participación establecidos. - Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e ideas. Compromiso social - Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores. - Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela. - Evidenciar preocupación polos máis desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e potencialidades. - Involucrarse ou promover accións cun fin social. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor Autonomía persoal - Optimizar recursos persoais apoiándose nas fortalezas propias. - Asumir as responsabilidades encomendadas e dar conta delas. - Ser constante no traballo, superando as dificultades. - Dirimir a necesidade de axuda en función da dificultade da tarefa. Liderado - Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas e tempos. - Contaxiar entusiasmo pola tarefa e ter confianza nas posibilidades de alcanzar obxectivos. - Priorizar a consecución de obxectivos grupais sobre os intereses persoais. Creatividade - Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos dun tema. - Configurar unha visión de futuro realista e ambiciosa. - Atopar posibilidades no contorno que outros non aprecian. Emprendemento - Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos. - Mostrar iniciativa persoal para iniciar ou promover accións novas. - Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou os proxectos. - Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo. Aprender a aprender Perfil de aprendiz - Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe, intelixencias múltiples, funcións executivas... - Xestionar os recursos e as motivacións persoais en favor da aprendizaxe. - Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe. Ferramentas para estimular o pensamento - Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional, interdependente... - Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos. Planificación e avaliación da aprendizaxe - Planificar os recursos necesarios e os pasos que se deberán realizar no proceso de aprendizaxe. - Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os pasos seguintes en función dos resultados intermedios. - Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe. - Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe. 3. CONTIDOS Bloque 1. A xustiza e a política 1. A democracia actual e a xustiza. - A xustiza como valor ético e político en Aristóteles. - A DUDH como fundamento ético e universal da democracia dos séculos XX e XXI. - O Estado de dereito como garantía da xustiza. 2. Estrutura e fundamento ético da democracia actual. - O Estado de dereito e a defensa da xustiza como valor ético e cívico supremo da democracia. - A DUDH como criterio universal de xustiza para avaliar os sistemas de goberno e a lexitimidade dun Estado. - Montesquieu e a división de poderes como garantía do dereito e da xustiza. - A democracia como forma de vida. - Os riscos e os problemas das democracias actuais. 3. O modelo español e os valores éticos. - A Constitución española de 1978: «Os dereitos e deberes fundamentais da persoa» e «Os dereitos e liberdades públicas da persoa». - O Preámbulo e o fundamento da súa lexitimidade e a súa finalidade. - O deber e o respecto dos cidadáns á Constitución española. - A adecuación da Constitución española aos principios establecidos na DUDH. - Os principios reitores da política social e económica do Estado español e a súa xustificación ética. - As obrigas fiscais dos cidadáns españois, a súa relación cos orzamentos xerais do Estado e a súa fundamentación ética. 4. O modelo da Unión Europea. - A Unión Europea: definición, desenvolvemento histórico, obxectivos e estrutura. - A Unión Europea e o respecto á DUDH. - Beneficios logrados na UE polos Estados membros e os seus cidadáns. Bloque 2. Os valores éticos, o dereito, a DUDH e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos 1. O problema da xustificación e a orixe das normas xurídicas. - O positivismo xurídico de Hans Kelsen. - Tres modelos de xustificación do dereito: o iusnaturalismo, o convencionalismo e o positivismo xurídico. 2. Os fundamentos éticos do dereito e a DUDH. - O vínculo entre a ética e o dereito. - Legalidade e lexitimidade. - A DUDH como código ético universal que fundamenta o dereito. - A dignidade da persoa como fundamento dos dereitos humanos. 3 A DUDH como xustificación ética das normas xurídicas: - Características dos dereitos humanos. - Contexto histórico e político da súa elaboración e o seu recoñecemento. - O contido e a estrutura da DUDH. 4. Evolución e desafíos actuais dos dereitos humanos. - As tres xeracións de dereitos humanos, orixe histórica e documental. - Os dereitos da muller e da infancia no século XXI, a súa problemática específica e a necesidade da súa difusión e respecto. - Retos actuais na aplicación da DUDH. Bloque 3. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía 1. A necesidade da reflexión ética acerca da ciencia e da tecnoloxía. - A tecnociencia e a concepción tradicional da ciencia e da tecnoloxía. - O mito da neutralidade científica e a falsa noción de progreso. - A distinción entre a investigación e a aplicación científica e tecnolóxica, e os valores que achegan á humanidade. - Os límites éticos e xurídicos da investigación e da aplicación científica e tecnolóxica. - A tecnociencia e o seu impacto negativo no ambiente. - A tecnodependencia. - Os dilemas morais actuais no ámbito da medicina e da bioética. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE Bloque 1. A xustiza e a política 1. Comprender e valorar a importancia da relación entre os conceptos de ética, política e xustiza, mediante a análise e a definición destes termos, destacando o vínculo entre eles no pensamento de Aristóteles. 1.1. Explica e aprecia as razóns que dá Aristóteles para establecer un vínculo entre ética, política e xustiza. 1.2. Utiliza e selecciona información acerca dos valores éticos e cívicos, identificando e apreciando as semellanzas e as diferenzas entre eles. 2. Coñecer e apreciar a política de Aristóteles e as súas características esenciais, así como entender o seu concepto da xustiza e a súa relación co ben común e a felicidade, elaborando un xuízo crítico acerca da perspectiva deste filósofo. 2.1. Elabora, recorrendo á súa iniciativa persoal, unha presentación con soporte informático, acerca da política aristotélica como unha teoría organicista que propón unha finalidade ética do Estado. 2.2. Selecciona e usa información, en colaboración grupal, para entender e apreciar a importancia que Aristóteles dá á xustiza como o valor ético no que se fundamenta a lexitimidade do Estado e a súa relación coa felicidade e o ben común, expoñendo as súas conclusións persoais debidamente fundamentadas. 3. Identificar nos valores éticos o fundamento que, na actualidade, fai da democracia a forma de goberno máis valorada fronte a outras alternativas autoritarias ou totalitarias. 3.1. Xustifica eticamente a elección da democracia como un sistema que está por riba doutras formas de goberno, polo feito de incorporar nos seus principios os valores éticos recollidos na DUDH. 4. Comprender que, neste momento, non é suficiente que un Estado sexa democrático para recoñecer a súa lexitimidade; esíxese que, ademais, sexa un Estado xusto, tomando como criterio de xustiza o respecto aos dereitos humanos. 4.1. Elabora, en colaboración grupal, unha lista dos valores éticos contidos na DUDH nos que se debe fundamentar un Estado democrático para que sexa xusto. 5. Xustificar racionalmente a necesidade dos valores e dos principios éticos contidos na DUDH como fundamento universal das democracias durante os séculos XX e XXI, destacando as súas características e a súa relación cos conceptos de Estado de dereito e de división de poderes. 5.1. Fundamenta racional e eticamente a elección da democracia como un sistema que está por riba doutras formas de goberno polo feito de incorporar nos seus principios os valores éticos sinalados na DUDH. 5.2. Define o concepto de Estado de dereito e establece a súa relación coa defensa dos valores éticos e cívicos na sociedade democrática. 5.3. Describe o significado e a relación entre os seguintes conceptos: democracia, cidadán, soberanía, autonomía persoal, igualdade, xustiza, representatividade, etc. 5.4. Explica a división de poderes proposta por Montesquieu e a función que desempeñan os poderes lexislativo, executivo e xudicial no Estado democrático, así como a necesidade da división de poderes como instrumento para evitar o monopolio do poder político e como medio que permite aos cidadáns o control do Estado. 6. Recoñecer a necesidade da participación activa dos cidadáns na vida política do Estado co fin de evitar o risco de que nunha democracia se violen os dereitos humanos. 6.1. Asume e explica o deber moral e civil dos cidadáns de participar activamente no exercicio da democracia co fin de que se respecten os valores éticos e cívicos no seo do Estado. 6.2. Define a magnitude dalgúns dos riscos que ameazan os gobernos democráticos cando non se respectan os valores éticos da DUDH, como a súa dexeneración en demagoxia, a ditadura das maiorías e a escasa participación cidadá, entre outros, formulando posibles medidas para evitalos. 7. Coñecer e valorar os fundamentos da Constitución española de 1978, identificando os valores éticos dos que parte e os conceptos preliminares que establece. 7.1. Identifica e aprecia os valores éticos máis destacados nos que se fundamenta a Constitución española, sinalando a orixe da súa lexitimidade e a finalidade que persegue mediante a lectura comprensiva e comentada do seu Preámbulo. 7.2. Describe os conceptos preliminares delimitados na Constitución española e a súa dimensión ética, como a nación española, a pluralidade ideolóxica, o papel e as funcións atribuídas ás forzas armadas, etc., a través da lectura comprensiva e comentada dos artigos 1 ao 9. 8. Mostrar respecto pola Constitución española identificando nela, mediante unha lectura explicativa e comentada, os dereitos e os deberes que ten o individuo como persoa e como cidadán, apreciando a súa adecuación á DUDH, co fin de asumir de forma consciente e responsable os principios de convivencia que deben rexer no Estado español. 8.1. Sinala e comenta a importancia dos dereitos e das liberdades públicas fundamentais da persoa establecidos na Constitución, como a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto, o carácter aconfesional do Estado español, o dereito á libre expresión de ideas, o dereito á reunión pública e á libre asociación e os seus límites, etc. 9. Sinalar e apreciar a adecuación da Constitución española aos principios éticos defendidos pola DUDH, mediante a lectura comentada e reflexiva dos dereitos e os deberes dos cidadáns (artigos 30 ao 38) e os principios reitores da política social e económica (artigos 39 ao 52). 9.1. Coñece e aprecia a adecuación da Constitución española á DUDH, sinalando os valores éticos nos que se fundamentan os dereitos e os deberes dos cidadáns, así como os principios reitores da política social e económica. 9.2. Explica e asume os deberes cidadáns que establece a Constitución e ordénaos segundo a súa importancia, expresando a xustificación da orde elixida. 9.3. Achega razóns para xustificar a importancia que ten para o bo funcionamento da democracia o feito de que os cidadáns sexan conscientes non só dos seus dereitos, senón tamén das súas obrigas como un deber cívico, xurídico e ético. 9.4. Recoñece a responsabilidade fiscal dos cidadáns e a súa relación cos orzamentos xerais do Estado como un deber ético que contribúe ao desenvolvemento do ben común. 10. Coñecer os aspectos esenciais da UE, analizando os beneficios recibidos e as responsabilidades adquiridas polos Estados membros e os seus cidadáns, co fin de recoñecer a súa utilidade e os logros que esta alcanzou. 10.1. Describe, acerca da UE, a súa integración económica e política, o seu desenvolvemento histórico desde 1951, os seus obxectivos e os valores éticos nos que se fundamenta de acordo coa DUDH. 10.2. Identifica e aprecia a importancia dos logros alcanzados pola UE e o beneficio que estes achegaron para a vida dos cidadáns, tales como a anulación de fronteiras e de restricións aduaneiras, a libre circulación de persoas e de capitais, etc., así como as obrigas adquiridas nos diferentes ámbitos: económico, político, de seguridade e paz, etc. Bloque 2. Os valores éticos, o dereito, a DUDH e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos 1. Sinalar a vinculación entre a ética, o dereito e a xustiza a través do coñecemento das súas semellanzas, diferenzas e relacións, analizando o significado dos termos de «legalidade» e de «lexitimidade». 1.1. Busca e selecciona información en páxinas web para identificar as diferenzas e as semellanzas entre a ética e o dereito, e entre a legalidade e a lexitimidade, elaborando e presentando conclusións fundamentadas. 2. Explicar o problema da xustificación das normas xurídicas mediante a análise das teorías do dereito natural, ou iusnaturalismo, o convencionalismo a teoría positivista do dereito elaborada por Kelsen, identificando a súa aplicación no pensamento xurídico dalgúns filósofos, co fin de ir conformando unha opinión argumentada acerca da fundamentación ética das leis. 2.1. Elabora, en grupo, unha presentación con soporte dixital acerca da teoría iusnaturalista do dereito, os seus obxectivos e características, identificando na teoría de Locke un exemplo desta en canto á orixe das normas xurídicas, a súa validez e as funcións que lle atribúe ao Estado. 2.2. Destaca e valora, no pensamento dos sofistas, a distinción entre physis e nomos, describindo a súa achega ao convencionalismo xurídico e elaborando conclusións argumentadas acerca deste tema. 2.3. Analiza información acerca do positivismo xurídico de Kelsen, principalmente o relativo á validez das normas xurídicas e dos criterios que utiliza, especialmente o de eficacia, e a relación que establece entre a ética e o dereito. 2.4. Recorre ao seu espírito emprendedor e iniciativa persoal para elaborar unha presentación con medios informáticos, en colaboración grupal, comparando estas teorías sobre o dereito e explicando as súas conclusións. 3. Analizar o momento histórico e político que impulsou a elaboración da DUDH e a creación da ONU, co fin de entendela como unha necesidade do seu tempo cuxo valor continúa vixente como fundamento ético universal da lexitimidade do dereito e dos Estados. 3.1. Explica a función da DUDH como un «código ético» recoñecido polos países integrantes da ONU co fin promover a xustiza, a igualdade e a paz en todo o mundo. 3.2. Selecciona e contrasta información dos acontecementos históricos e políticos que deron orixe á DUDH; entre eles, as ideoloxías nacionalistas e racistas que defendían a superioridade duns seres humanos sobre outros, chegando ao extremo do Holocausto xudeu, a discriminación e o exterminio de todos aqueles que non pertencían a unha determinada etnia, a un modelo físico ou non compartían as ideas políticas, etc. 3.3. Sinala os obxectivos que tivo a creación da ONU e a data na que se asinou a DUDH, valorando a importancia deste feito para a historia da humanidade. 4. Comprender o desenvolvemento histórico dos dereitos humanos como unha conquista da humanidade e estimar a importancia do problema que formula na actualidade o exercicio dos dereitos da muller e da infancia en gran parte do mundo, tomando conciencia dela co fin de promover a solución deses problemas. 4.1. Coñece e valora os trazos distintivos dos dereitos humanos: innatos, universais e irrenunciables. 4.2. Describe os feitos máis influentes no desenvolvemento histórico dos dereitos humanos, partindo da primeira xeración: os dereitos civís e políticos, seguindo cos da segunda xeración: económicos, sociais e culturais, e estudando os da terceira: dereitos dos pobos á solidariedade, o desenvolvemento e a paz. 4.3. Dá razóns acerca da orixe histórica do problema dos dereitos da muller, recoñecendo os patróns económicos e socioculturais que fomentaron a violencia e a desigualdade de xénero. 4.4. Xustifica a necesidade de actuar na defensa dos dereitos da infancia, loitando contra a violencia e o abuso do que nenos e nenas son vítimas no século XXI, como o abuso sexual, o traballo infantil, a súa utilización como soldados, etc. 4.5. Emprende, en traballo colaborador, a elaboración dunha campaña contra a discriminación da muller e a violencia de xénero no seu contorno familiar, escolar e social, avaliando os resultados obtidos. 5. Identificar, no preámbulo da DUDH, o respecto á dignidade das persoas e os seus atributos esenciais como o fundamento do que derivan todos os dereitos humanos. 5.1. Explica e aprecia en que consiste a dignidade que esta Declaración lle recoñece ao ser humano como persoa posuidora duns dereitos universais, inalienables e innatos, mediante a lectura do seu Preámbulo. 6. Interpretar e apreciar o contido e a estrutura interna da DUDH co fin de coñecela e propiciar o aprecio e o respecto cara a ela. 6.1. Constrúe un esquema acerca da estrutura da DUDH, a cal se compón dun preámbulo e 30 artigos, que poden clasificarse do seguinte xeito: - Os artigos 1 e 2 refírense aos dereitos inherentes a toda persoa: a liberdade, a igualdade, a fraternidade e a non discriminación. - Os artigos 3 ao 11 refírense aos dereitos individuais. - Os artigos 12 ao 17 establecen os dereitos do individuo en relación coa comunidade. - Os artigos 18 ao 21 sinalan os dereitos e as liberdades políticos. - Os artigos 22 ao 27 céntranse nos dereitos económicos, sociais e culturais. - Finalmente, os artigos 28 ao 30 refírense á interpretación de todos eles, ás condicións necesarias para o seu exercicio e aos seus límites. 6.2. Elabora unha campaña, en colaboración grupal, co fin de difundir a DUDH como fundamento do dereito e da democracia no seu contorno escolar, familiar e social. 7. Avaliar, utilizando o xuízo crítico, a magnitude dos problemas aos que se enfronta a aplicación da DUDH na actualidade, apreciando o labor que realizan institucións e ONG que traballan na defensa dos dereitos humanos auxiliando aqueles que non teñen a oportunidade de exercelos. 7.1. Investiga, a partir de información obtida en distintas fontes, sobre os problemas e os retos que ten a aplicación da DUDH en canto ao exercicio dos dereitos civís —destacando os problemas relativos á intolerancia, a exclusión social, a discriminación da muller, a violencia de xénero e a existencia de actitudes como a homofobia, o racismo, a xenofobia, o acoso laboral e escolar, etc. — e dos dereitos políticos — guerras, terrorismo, ditaduras, xenocidio, refuxiados políticos, etcétera. 7.2. Indaga, en colaboración grupal, acerca do labor de institucións e voluntarios que, en todo o mundo, traballan polo cumprimento dos dereitos humanos, como Amnistía Internacional, Manos Unidas, Médicos sen Fronteiras ou Cáritas, entre outros, elaborando e expresando as súas conclusións. Bloque 3. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía 1. Recoñecer que, na actualidade, existen casos nos que a investigación científica non é neutral, senón que está determinada por intereses políticos, económicos, etc., mediante a análise da idea de progreso e a súa interpretación equivocada cando os obxectivos que se pretenden non respectan un código ético fundamentado na DUDH. 1.1. Obtén e selecciona información, en traballo colaborador, dalgúns casos nos que a investigación científica e tecnolóxica non foi guiada nin é compatible cos valores éticos expostos na DUDH, xerando impactos negativos no contorno humano e ambiental, sinalando as causas. 1.2. Diserta, en colaboración grupal, acerca da idea de progreso na ciencia e a súa relación cos valores éticos, o respecto á dignidade humana e o seu contorno, elaborando e expoñendo conclusións. 2. Recoñecer a importancia que ten a dimensión moral da ciencia e da tecnoloxía, así como a necesidade de establecer límites éticos e xurídicos co fin de orientar a súa actividade conforme os valores defendidos na DUDH. 2.1. Utiliza información de distintas fontes para analizar a dimensión moral da ciencia e da tecnoloxía, avaliando os impactos positivo e negativo que estas poden ter en todos os contornos da vida humana: social, económico, político, ético e ecolóxico, entre outros. 2.2. Achega argumentos que fundamenten a necesidade de poñer límites éticos e xurídicos á investigación e práctica tanto científica como tecnolóxica, tomando a dignidade humana e os valores éticos recoñecidos na DUDH como criterio normativo. 2.3. Recorre á súa iniciativa persoal para expoñer as súas conclusións acerca do tema tratado, utilizando medios informáticos e audiovisuais, de forma argumentada e ordenada racionalmente. 3. Entender e valorar o problema da tecnodependencia e a alienación humana á que esta conduce. 3.1. Destaca o problema e o perigo que representa para o ser humano a tecnodependencia, sinalando os seus síntomas e as súas causas, e considerando as súas consecuencias negativas como unha adicción incontrolada aos dispositivos electrónicos, aos videoxogos e ás redes sociais, que conducen as persoas cara a unha progresiva deshumanización. 4. Aplicar os valores éticos contidos na DUDH nos campos científico e tecnolóxico co fin de evitar o seu emprego inadecuado e solucionar os dilemas morais que ás veces se presentan, especialmente no terreo da medicina e da biotecnoloxía. 4.1. Analiza información, seleccionada de diversas fontes, co fin de coñecer algúns dos avances en medicina e en biotecnoloxía que presentan dilemas morais, como a utilización de células nai, a clonación e a euxénese, entre outros, sinalando algúns perigos que agochan se se prescinde do respecto á dignidade humana e aos seus valores fundamentais. 4.2. Asume unha actitude de tolerancia e de respecto ante as diferentes opinións que se expresan na confrontación de ideas co fin de solucionar os dilemas éticos sen esquecer a necesidade de utilizar o rigor na fundamentación racional e ética de todas as alternativas de solución formuladas. 4. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN FERRAMENTAS DE AVALIACIÓN PORCENTAXE NA CUALIFICACIÓN Ferramentas de avaliación do traballo competencial 20% Probas de avaliación escritas e orais 50% Evidencias dos estándares de aprendizaxe 20% Cualificación total 100% 15. RECURSOS DIDÁCTICOS - O libro do alumnado para a área de Valores Éticos de 3.º ESO. - A proposta didáctica para Valores Éticos de 3.º ESO. - O libro dixital. - Os cadernos de estratexias metodolóxicas. - As monografías didácticas. - A web do profesorado. - A web do alumnado e da familia.
O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.
ResponderEliminar